top of page
César  del  Caño

➤  obra / partituras / Pange lingua do Rei-rei 

Pange lingua do Rei-rei  (navideña)

 

Música: César del Caño

Texto: Camilo Valdehorras

Obra polifónica con acompañamiento instrumental

Voces:

Coro: 4 vm (SATB, con divisi) + Solistas (ST)

Cantareiras

Instrumentos:

2 Flautas traveseras, Tenora, Contrabajo, Pandereta, cascabeles, Bombo.

Páxinas: 12

Duración Aprox.: 04:30

Dificultad interpretativa: alta

Idioma: gallego

Data de composición: 1999

Data de revisión: pendiente de revisión

BuleBule Produccions · Ref. MC0069

© César del Caño, 2016 · SGAE Nº 15638727

 

Obra estreada por el Coro Universitario Galego de Barcelona. Paraninfo de la Universitat de Barcelona, 22 de diciembre de 1999

·

Texto de la obra:

Pange-Lingua do Rei-rei *
Texto: Camilo Valdehorras

 


I

 

-¡Irmáns, irmáns:
n’hai medo
que hoxe naceu
un neno
que trae o sol
ó mundo
prós que na tebra están!

Avelairiña de dentro
pencas negras voz sen voz
realeza do salvador
do destino do Reino

Realidade dos meus soños
dá luz estes ollos
ceguiños de ollar

sen ti
cegados de amor por te ver
a ti


II

Por fóra do espacio vén
No centro do tempo está
Poesía eterna é
Misterio sen par

Resposta no corazón
Ós que non preguntan ren
¿Que cousa cousiña é?
Milagre cotián da dor
Gracia plena que provén
Do Misterio natal
de Amor


III

Día curto noite longa
Xoaniña dime unha cousa
¿quen fai do silencio son
segredo da Creación?

-Rei-rei dos nados
á vida en carne mortal
preciosa coma un diamante
que asombra a luz mundanal

-Rei-rei dos pobres
namorados do ideal
Verdade feita Saudade
do porvir que é don
do Amor

 

Don don don don

don don

do amor


IV

Neva no mar
e zoa o vendaval

 


Recitativo:

O rei de Duio finou
a raíña Lupa morreu
petrificáronse as cobras coa luz que baixou do ceo
e as fachendosas citáneas fundíronse no seu seo.


Avelairiña bonita,
anénanos para ver (bis)
A resurrección do mundo no íntimo do noso ser
froito do Amor que hoxe nace aquén trasposto do alén

Camilo Valdehorras

Barcelona, noviembre de 1999

* Este poema pertenece a su titular, Camilo Fernández González-Valdehorras. Cualquier forma de producción, reproducción con fines comerciales, o transformación del mismo, sólo podrá ser realizada con la autorización expresa del autor.

Valeiro.png
César  del  Caño
bottom of page